Remake do Rei León, e Favreau de director

0
95

Nun abraiante anúncio, a Walt Disney Studios ven de confirmar que van seguir adiante co proxecto de remake do seu clásico filme The Lion King e que veñen de contratar a Jon Favreau para que o dirixa.

Após da súa estrea este ano, o filme The Jungle Book de Favreau considerou-se coma unha espécie de proba para ver se o realizador era capaz de se adaptar a unha narración para nenos. The Jungle Book combinou unha xungla realista pero creada con gráficos xerados por computador, con actores reais filmados cun escenário de pantallas verdes. The Lion King non precisará de actores humanos porque será íntegramente unha longametraxe xerada por computador.

Con este proxecto, a Disney continúa a súa xeira de adaptar algúns dos seus mais famosos clásicos aos tempos modernos, incluindo actores reais de ser necesário. De feito, o seguinte filme na listaxe de pendentes é Beauty and the Beast, dirixido por Bill Condon e que se estreará no mes de marzo, tamén con canzóns sacadas do filme orixinal.

O proxecto do rei león será colocado no carril dos temas urxentes e de feito seica terá preferencia sobre a secuela de The Jungle Book, que a mesma Disney xa confirmara para Favreau. En ningún dos dous casos, de todos os xeitos, hai datas confirmadas.

A película The Jungle Book leva recadados 966 millóns de dólares este ano en todo o mundo, mentres ca o orixinal de The Lion King acadou 969 millóns no ano da súa estrea, 1994.