Fede Álvarez vai de incógnito

0
106

O director uruguáio Fede Álvarez (Don’t Breathe, Evil Dead) será o encargado da adaptación ao cinema do cómic Incognito para a Sony Pictures e mais a Chernin Entertainment.

A série de seis números, orixinal de Ed Brubaker e Sean Phillips, vai sobre un supervilán que presenta probas conbtra o seu xefe e acaba ingresado nun programa de protección de testemuñas, no que se lle administran drogas que eliminen os seus superpoderes e así poder obter un traballo normal.

Pero o home comeza a se sentir amolado da súa nova vida ordinária e cando atopa un xeito de recuperar os seus poderes deberá decidir que clase de vida prefire levar. O guionista Daniel Casey (Kin) foi xa contratado para se facer cargo do libreto.