Holbrook sustitúe a del Toro en Predator

0
100

Benicio del Toro ven de rachar as súas negociacións para protagonizar The Predator, a secuela ou reinício da saga do monstro cazador alieníxena que Shane Black dirixirá para a 20th Century Fox.

Os estudos non ficaron de brazos cruzados e xa comezaron a falar con outro candidato, o protagonista de Narcos e Logan Boyd Holbrook. Dado que este actor non ten tanto tirón coma o veterán del Toro, a Fox quere subir o nivel do resto do elenco de actores secundários para lle dar mais caché ao reparto.

A axenda de traballo de Benicio del Toro está a lle causar mais dun problema ultimamente, coma por exemplo coa secuela de Sicario, entre outros proxectos. A produción ía comezar o mes pasado en Vancouver pero tivo que se adiar até febreiro para se acomodar ás necesidades do actor.

Agora que está definitivamente fóra, ainda non se dixo ren sobre se a produción poderá adiantar as súas datas. Polo de agora o único certo é que o título de traballo para o filme é Ollie, que non se sabe se é o nome do monstro ou o do protagonista.