Guy Ritchie dirixirá a nova versión de Aladdin

0
114

O responsábel de filmes coma Snatch ou Sherlock Holmes, o inglés Guy Ritchie, ven de ser contratado para dirixir a versión que se rodará con actores de carne e óso da longametraxe de debuxos animados da Disney Aladdin.

A película orixinal de 1992 foi unha versión cómica do clásico conto de As mil e unha noites sobre Aladino, un rapaz ao que un xénio atrapado nunha lámpada máxica lle concede tres desexos. A voz do xénio era a do falecido Robin Williams, quen a converteu nunha das suas interpretacións mais emblemáticas.

Aladdin foi a película que mais cartos fixo no despacho de billetes no ano 1992 e gañou os Oscars á millor banda sonora e á millor canzón por A Whole New World.

O guión do novo filme de Aladdin foi escrito por John August e será producido por Dan Lin.