Joe Johnston, de China ao espazo

0
84

O veterán director texano Joe Johnston (Captain America: The First Avenger, The Rocketeer, Jumanji) ven de se facer cargo do filme de ciéncia-ficción Starfall, que se rodará en China para a produtora Wanda.

A película, da que polo de agora tan só se sabe que está ambientada nunha estación espacial, rodará-se nos estudos Qingdao en China. Os devanditos estudos están valorados en 8.200 millóns de dólares, segundo se soubo o luns á noite nunha gala celebrada en Hollywood baixo os auspícios do multimillonário chinés Wang Jianlin, presidente da Dalian Wanda Group.

Johnston dirixirá a partir dun guión de David Coggeshall. Lorenzo Di Bonaventura, Erik Howsam e Dede Nickerson serán os produtores deste filme, que conta cun orzamento de 100 millóns de dólares e que contará coa co-finaciación da Lionsgate, a Wanda e mais a Infinity Pictures.