A Warners planea a precuela de Willy Wonka

0
116

O produtor da saga de Harry Potter, David Heyman, vai-se asociar unha vez mais coa Warner Bros. Pictures, que ven de adquirir os dereitos sobre a franquía de Charlie and the Chocolate Factory dos herdeiros de Roald Dahl e planean facer unha nova película centrada no extravagante persoaxe de Willy Wonka.

O filme non será unha narración sobre as orixes de Willy Wonka, senón unha película autoconclusiva sobre as primeiras aventuras do famoso dono da fábrica de lambetadas. Polo de agora non se sabe se o proxecto incluirá a outros persoaxes ou escenários xa coñecidos polos dous libros de Dahl: Charlie and the Chocolate Factory (1964) e mais a súa secuela Charlie and the Great Glass Elevator (1972).

O guionista de The Secret Life of Pets Simon Rich está a escribir o guión deste filme, que contará coa produción de Heyman e Michael Siegel. A primeira parte da franquía fora xa adaptada previamente ao cinema en dúas longametraxes de 1971 e 2005, pero non así a súa secuela.