Chris Pine e Mbatha-Raw, un matrimónio científico

0
94

Chris Pine (Star Trek, Wonder Woman) e mais Gugu Mbatha-Raw (Belle, Concussion) veñen de se unir ao reparto do filme A Wrinkle in Time, a adaptación ao cinema con actores reais do clásico libro para nenos de 1961 da escritora Madeleine L’Engle para a Disney Pictures.

O libro, gañador da Medalla Newbery, vai sobre unha rapaza chamada Meg Murray (a quen dará vida Storm Reid) que está traumatizada pola desaparición de seu pai científico. Disposta a atopa-lo, Meg embárca-se nunha viaxe cara a unha misteriosa quinta dimensión e dá con algunhas creaturas incríbeis no seu camiño.

Pine e Mbatha-Raw interpretarán aos pais de Meg, o doutor Alex Murray e mais a microbióloga Kate Murray. No reparto tamén figuran os nomes de Oprah Winfrey, Reese Witherspoon e Mindy Kaling. Ava DuVernay será a directora a partir dun guión escrito pola co-responsábel de Frozen Jennifer Lee. Polo de agora non hai data fixada para a estrea.