Kurtzman regresa á tele con Salvación

0
81

Só uns días despois de cancelar dúas das súas tres séries de verán, a CBS deu a coñecer un sustituto en forma dun novo thriller de ciéncia-ficción que levará por título Salvation e que producirá nada menos ca Alex Kurtzman (Fringe, Star Trek).

A história vai sobre un estudante do MIT e mais unha superestrela da tecnoloxía que se achegan a un oficial de baixo nivel do Pentágono cun descobremento abraiante: que un asteroide está tan só a seis meses de colisionar coa Terra. O programa terá trece episódios dunha hora de duración e estreará-se no verán de 2017.

Liz Kruger e Craig Shapiro (Extant) escribiron o guión, baseado nunha história de Matt Wheeler. Kurtzman, Kruger, Shapiro, Heather Kadin e Peter Lenkov serán os produtores executivos para a CBS Television Studios.