A Netflix trae a Stephen King en 1922

0
85

Thomas Jane (Hung) e mais Molly Parker (Deadwood) serán os protagonistas de 1922, a adaptación á pequena pantalla da novela curta homónima de Stephen King que producirá e emitirá a Netflix.

O responsábel de These Final Hours, Zak Hilditch, será o encargado de dirixir a partir dun guión que el mesmo escribiu. A história está narrada dende a pouco fiábel perspectiva de Wilfred James (Jane), un home que admite que matou á súa muller Arlette (Parker) xunto ao seu fillo en Nebraska.

Despois de enterrar o seu corpo é aterrorizado por ratas, e na súa vida comeza a ficar claro que a súa esposa asasinada está a enmeiga-lo. Dylan Schmid, Kaitlyn Bernard, Brian D’Arcy James e Neal McDonough son os outros actores que participan no reparto.

Ross M. Dinerstein produce este proxecto que está xa a se rodar en Vancouver. Esta é a segunda adaptación que fai a Netflix dunha obra de Stephen King, despois de Gerald’s Game, que dirixe Mike Flanagan e que xa está en produción. Ademais, suporá a terceira vez que Jane aparece nunha adaptación dunha novela de King, despois de Dreamcatcher e The Mist.