Schwarzenegger, Chan e Hauer viaxan a China

0
86

Arnold Schwarzenegger, Jackie Chan e Rutger Hauer son os nomes estelares que veñen de se anunciar coma membros do reparto do filme de aventuras fantásticas ruso-chinés Viy 2: Journey to China.

A película é unha secuela do filme de 2014 baseado na novela de terror Viy de Nikolai Gogol que recadou 30 millóns de euros en Rúsia hai un par de anos, e que foi estreada internacionalmente co nome de Forbidden Empire. Jason Flemyng, Charles Dance, Martin Klebba e Christopher Fairbank serán os protagonistas desta secuela, financiada polos produtores chineses e que conta cun orzamento de 43 millóns de euros, todo coa vista posta nunha estrea que se producirá ao longo do ano que ven.

Flemyng regresa ao seu papel de explorador inglés Jonathan Green, quen esta vez recibe a orde do zar Pedro o Grande de facer un mapa do leste de Rúsia. O cartógrafo deberá enfrontar-se a moitos descobrementos abraiantes, atopar misteriosas creaturas, princesas chinesas, letáis mestres de artes marciais e mais ao Rei Dragón.

Oleg Stepchenko é o director a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Dmitry Palcev e Alexey Petrukhin. Petrukhin é o produtor.