Novos guionistas para os novos Starship Troopers

0
68

Mark Swift e Damian Shannon, os guionistas responsábeis do filme de 2009 Friday the 13th e da nova versión de Baywatch, serán os encargados de escribir o relanzamento de Starship Troopers na Sony Pictures.

Tanto a película orixinal de 1997 e mais o novo remake están baseado na novela de ciéncia-ficción homónima de Robert A. Heinlein sobre a vida militar dun soldado chamado Johnny Rico, que vai subindo postos no escalafón mentres a humanidade loita unha guerra contra os bichos alieníxenas.

Paul Verhoeven dirixiu a versión orixinal, que tiña un claro toque satírico con respeito á novela, unha clara denúncia do militarismo e do fascismo, parodiando ás películas de propaganda no proceso. Do filme orixinal fixéron-se tres secuelas, pero todas elas foron directas ao mercado de vídeo.

A nova longametraxe será se cadra o comezo dunha posíbel franquía e podería voltar á versión mais pura da novela orixinal. De feito, ningún dos actores dos filmes anteriores regresará para este relanzamento.

Neal H. Moritz e Toby Jaffe son os produtores.