A Paixón 2: Xesús vai ao inferno

0
85

O actor e director Mel Gibson confirmou que está a traballar na secuela do seu éxito The Passion of the Christ, e que o novo filme levará por título Resurrection.

Nunha entrevista no programa de Stephen Colbert e respeito ao desafío de adaptar ao cinema unha história que dura tres días (o periodo entre a morte e mais a resurrección do deus), Gibson dixo que a película irá alén do miragre e e explorará o que aconteceu ao seu redor:

É mais ca un simple acontecemento, é un acontecemento extraordinário. E apuntalar iso coas cousas que aconteceron ao seu redor é a verdadeira história, alumear o que sinifica. Non é só sobre o suceso, non é unha narración cronolóxica dese acontecemento. Iso sería aburrido, e tí dirías ‘vaites, isto xa eu o léra’. Que son as outras cousas que tamén aconteceron?“.

Gibson insinuou que partes da película terán lugar “noutros reinos” onde están os viláns da história e iso suxire unha posíbel visita ao inferno. Gilson non quixo confirmar esta parte e dixo: “Non estou seguro, pero paga a pena pensar nelo, nonsí?“.

Nombergantes, por mor do tamaño do proxecto, Gibson dixo que o filme terá que agardar uns cantos anos mais. Randall Wallace volverá para escribir o guión da segunda parte dun dos filmes de mais éxito clasificados para maiores de 18 anos, xa que fixo 612 millóns de recadación cun orzamento inicial de á penas 30 millóns de dólares.