RIP Robert Vaughn

0
30

O lendário actor Robert Vaughn morreu o pasado 11 de novembro á idade de 83 anos após dunha breve pero valente batalla contra a leucémia. Os filmes de Vaughn e as súas aparicións na televisión son inumerábeis, pero para os afeccionados mais veteráns sempre será relembrado coma Napoleon Solo na série de espías orixinal dos anos 60 The Man From U.N.C.L.E.

A súa face é recoñecíbel en filmes coma The Ten Commandments, The Towering Inferno, Battle Beyond the Stars, Demon Seed ou Superman III. E entre os seus créditos figuran ademais a nominación ao Oscar por The Young Philadelphians (1959), o seu papel no clásico western The Magnificent Seven ou na série de acción cómica dos anos 80 The A-Team.

Ao actor sobrevíven-lle a súa muller Linda, o seu fillo Cassidy e mais a súa filla Caitlin, quen estaban con el no intre do seu deceso.

Deixar unha resposta