A Fox encarga unha Pasaxe

0
40

A canle FOX ven de lle encargar á produtora Scott Free e mais á 20th Century Fox TV a realización dun episódio piloto para unha nova série titulada The Passage, que será un drama baseado na triloxía de novelas fantásticas de Justin Cronin.

A produtora de Friday Night Lights Liz Heldens é a guionista, mentres co co-creador de Felicity Matt Reeves será o director deste thriller, que narra unha conspiración do governo ao longo dun século e que se converte nunha saga post-apocalíptica con vampiros.

A acción céntra-se nunha rapaza chamada Amy que deberá salvar á raza humana. Heldens, Reeves, Adam Kassan, Ridley Scott e David W. Zucker serán os produtores executivos.

Deixar unha resposta