As orixes nunca contadas dos Inmortáis

0
50

A editorial IDW Publishing ven de anunciar que serán os encargados de lanzar unha precuela que remate directamente vencellada co comezo do clásico filme fantástico de 1986 Highlander.

A minisérie de novelas gráficas explorará as orixes dos Inmortáis grazas ao escritor escocés Brian Ruckley. O cómic narrará os acontecementos que levaron xusto até o comezo do filme e arroxará nova luz sobre a batalla dos inmortáis ao longo dos tempos.

A viaxe de Connor MacLeod explorará-se dende a Escócia medieval até os tempos prévios á Guerra Civil americana en Pennsylvania e á Manhattan de mediados de século. Os lectores atoparán novos persoaxes, coma o inmortal Osta Vazilek, e tamén aos persoaxes favoritos dos fans.

Christopher Lambert e Sean Connery protagonizaron os filme orixinal que no seu día non foi considerado un éxito no despacho de billetes, pero que deseguido se converteu nun clásico de culto entre os fans grazas ás vendas e aluguer de vídeos coa chegada do VHS. Á película orixinal seguíron-lle tres secuelas e unha série de televisión.

O primeiro número do cómic chegará ás librarías en febreiro.

Deixar unha resposta