A vida de Darth Maul no cómic

0
37

Algo que todos os fans da Guerra das Galáxias non puideron deixar de notar é que a nova liña de cómics de Star Wars da Marvel estivo a evitar esencialmente a era das tres precuelas da série. Pois ben, iso vai cambiar axiña grazas a unha nova minisérie que explorará o pasado do vilán de Star Wars: Episode I – The Phantom Menace, Darth Maul.

O proxecto estará dividido en cinco episódios e contará co guión de Cullen Bunn e os lápices de Luke Ross. Darth Maul narrará as aventuras do xoven discípulo sith axexando nas sombras do inframundo galáctico. Cando o seu mestre néga-lle a posibilidade de atacar á Orde dos Jedi, Maul buscará ceibar a súa ráiba noutro sítio, e asemade terá a opción de probar-se a si mesmo contra un Jedi a quen podería corromper e levar ao lado escuro.

O obxectivo deste cómic é explicar as diferéncias entre as persoalidades do Maul da precuela e o que aparece na série de debuxos animados.

Darth Maul chegará aos andéis das librarías no vindeiro mes de febreiro.

Deixar unha resposta