Leitch confirmado para Deadpool 2

0
47

Ven de se confirmar oficialmente que David Leitch (John Wick) será o encargado da secuela de Deadpool para a 20th Century Fox.

Seica Leitch pechou o acordo para a superprodución un par de semanas despois de que o anterior director, Tim Miller, abandoara o proxecto por mor de “diferéncias creativas” co máximo protagonista do filme, Ryan Reynolds.

O nome de Leitch xurdiu tan só un par de días despois da marcha de Miller, ainda que daquela ainda soaban nomes coma os de Rupert Sanders, Drew Goddard e Magnus Martens para se encargar do filme. Leitch tivo unha xuntanza con Reynolds en New York e pouco despois ofrecéron-lle sentar na cadeira de director.

A produción comezará o ano que ven e ten prevista a estrea para o ano 2018.

Deixar unha resposta