Emilia Clarke e mais Han Solo

692

Emilia ClarkeA actriz protagonista de Game of Thrones Emilia Clarke ven de se facer cun papel principal na vindeira longametraxe da saga de Star Wars, Han Solo, que ten prevista a estrea para maio de 2018. Polo de agora non hai ningún detalle sobre que persoaxe fará, pero ela é a terceira confirmación despois de Alden Ehrenreich (Han Solo) e Donald Glover (Lando Calrissian).