Os Gatos Guerreiros miañarán no cinema

0
58

O responsábel da saga de filmes de Harry Potter David Heyman será o produtor da vindeira adaptación ao cinema con actores reais de Warriors para o grupo chinés Alibaba Pictures.

A história está baseada nunha saga de libros de éxito para adolescentes protagonizada por clans de gatos guerreiros que viven no bosque. A série comeza coas aventuras dun gato doméstico chamado Colorado que se aventura no bosque e úne-se ao Clan do Trebón, un dos catro clans de gatos salvaxes que viven alí. Recibe o nome de aprendiz Pouta de Fogo mentres adestra para se converter nun guerreiro.

A saga está escrita por catro autoras: Victoria Holmes (a editora), Kate Cary, Cherith Baldry e mais Tui Sutherland, todas as cales escriben baixo un mesmo seudónimo: Erin Hunter. Na actualidade hai publicadas xa sete séries de novelas, cada unha con entre dous e seis tomos, e ademais existen cómics (con guións de Dan Jolley), e-books, videoxogos, novelas curtas e guías para seguir o mundo máxico dos gatos.

Deixar unha resposta