Primeiros nomes para a nova Star Trek

0
30

A CBS anunciou xa oficialmente os primeiros tres nomes que se sumarán ao reparto de actores que darán vida aos persoaxes da súa nova série de televisión Star Trek: Discovery. Michelle Yeoh (Crouching Tiger, Hidden Dragon, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor), cuxo nome xa apareceu a semana pasada coma candidata, ven de ser confirmada. A ela unirán-se ademais Doug Jones (Hellboy) e Anthony Rapp (The X-Files).

Yeoh interpretará á capitana Georgiou da nave espacial Shenzou da Federación. Rapp será o tentente Stamets, oficial científico da U.S.S. Discovery especializado en astromicoloxía (fungos espaciais).

Jones pola súa banda será o Tenente Saru, oficial científico da Frota Espacial e membro dunha espécie álien nova na franquía. O seu persoaxe non está vencellado a ningunha nave concreta. Polo de agora non se deron a coñecer mis detalles.

Agárda-se que nos vindeiros días se publiquen mais nomes. A série ten prevista a súa estrea para maio do ano que ven.

Deixar unha resposta