Inicio » Cinema »

Os Razzies: o millor do pior

 

Os RazziesUn ano máis o Razzies, os «anti-Oscar», están de volta, e cunha clara deducción: o millor consello para os actores que queiran ser nominados é facer várias películas ao ano. Así asegúran-se que todas elas serán malas, e que as súas actuacións non pasarán desapercibidas para os críticos.

Así, Lindsay Lohan e Eddie Murphy acadaron múltiples nominacións o luns para os Razzies, que «prémian» ao pior que Hollywood produciu no decurso do ano anterior.

Pero este ano, por fin, os galardóns pasaron lonxe do cinema fantástico, e foi o thriller de Lohan I Know Who Killed Me, no que interpreta a dous persoaxes, o que recebiu nada menos ca nove nominacións, liderando as candidaturas deste ano, e incluindo a pior película de 2007. Pola súa banda, Eddy Murphy con Norbit regresou un ano máis á palestra dos piores con oito nominacións.

Os Razzies, folga de guionistas mediante, serán dados a coñecer no decurso dunha gala o vindeiro 23 de febreiro, un día antes dos Oscars.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário