Inicio » Cómic »

O cómic Trek

 

A IDW publicará Star Trek: Countdown, unha série de cómic de catro números que servirá como precuela ao novo filme de J.J. Abrams Star Trek, e que aparecerá en xaneiro nos andeis das librarías.

A história está presentada polo mesmo Abrams e conta cun argumento dos guionistas do filme, Roberto Orci e Alex Kurtzman. Está escrito por Mike Johnson (Superman/Batman) e Tim Jones e debuxado por David Messina (Star Trek: Mirror Images). Messina tamén é o autor dos debuxos das capas da série.

«Star Trek: Countdown incorpora o traballo que hai por baixo do que acontece no filme«, dixo Orci nunha declaración. «É o noso xeito de pasar o testemuño dende os persoaxes de A Nova Xeración e os seus filmes á nova película» .

O filme Star Trek ten prevista a súa estrea para o 8 de maio de 2009.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário