Inicio » Cinema »

O aprendiz de meigo

 

Jay Baruchel está a negociar a súa participación como protagonista do filme de acción real da Disney The Sorcerer’s Apprentice para a Walt Disney Pictures. Deste xeito uniría-se a Nicolas Cage, que interpreta ao meigo neste filme dirixido por Jon Turteltaub e producido por Jerry Bruckheimer.

A Baruchel non lle falta o traballo: xa foi o co-protagonista de Tropic Thunder, terá o papel principal na vindeira comédia romántica da DreamWorks She’s Out of My League, e ademais está vencellado ao proxecto de Jay and Seth vs. the Apocalypse xunto a Seth Rogen para a Mandate Pictures.

Cun guión orixinal de Lawrence Konner e Mark Rosenthal que foi reescrito por Matt Lopez, The Sorcerer’s Apprentice ten lugar nunha New York contemporánea, onde un meigo está á procura dun aprendiz.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário