Inicio » Cinema »

Miller confirma Sin City 2

 

O guionista de cómic e director de cinema Frank Miller estivo hoxe en Londres e os xornalistas lle preguntaron sobre a agardada secuela do filme que dirixiu el mesmo en 2006, Sin City. E a súa resposta foi moi positiva, xa que confirmou que a segunda parte xa está en marcha.

«Sin City 2 está escrita«, dixo. «É principalmente un asunto de traballar nos detalles da produción. Espero facer isto con Robert Rodriguez outra vez nas mesmas circunstáncias nas que fixemos a primeira, e poderiamos comezar a rodar en abril«.

O que non quixo revelar foi ningún detalle sobre o argumento, pero si deixou entrever que hai moitas posibilidades de que Sin City 2 visite as salas de cinema antes de que remate o ano que ven.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário