Inicio » Cinema »

Hancock regresará

 

Confirmou-se o rumor: Will Smith ven de revelar que haberá «indubidábelmente» unha segunda parte de Hancock, o filme sobre un superheroe frustrado que o actor protagonizou este ano xunto a Charlize Theron.

Segundo Smith, había moitos persoaxes na película que merecían ser «explorados«, o que xustifica sobradamente que se rode unha segunda parte. Ademáis desas vías polas que paga a pena seguir co persoaxe, a recadación da longametraxe aconsella tamén rodar a secuela: máis de 623 millóns de dólares en todo o mundo, o que a convirte nunha das que máis recadaron no despacho de billetes neste 2008.

A aposta é bastante segura: Smith é unha das estrelas máis rendíbeis no complicado panorama do cinema actual. As últimas nove películas protagonizadas polo que fora «príncipe de Bel Air» superaron a barreira psicolóxica dos 100 millóns de dólares, o que constitúe un récord nunca acadado até hoxe en Hollywood.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário