Relatos circulares

Homes sen faces
Aquela noite estaba moi canso, conducía o meu coche coma un maníaco.
Desgrazadamente, perdín o control do coche e matei un peón.
Nese intre, tres homes de negro correron a me capturar. Non lles mirei as caras.
Pero colléron-me e metéron-me no coche. Nese intre, decatei-me de que non tiñan rostro. – Axuda, acudíde-me! – Berrei, pero ninguén me escoitou. Leváron-me ao lugar do accidente, pero nese lugar había agora unha igrexa.
Entrei na igrexa.
Decatei-me de que o cura e mais os fregueses non tiñan faces – Axuda, acudíde-me! – Berrei, e nese intre espertei e vin que perdera o control do meu coche. Desgrazadamente, matara un peón.
Cando me acheguei, vin que o peón era eu!
Entrei no coche e mirei no espello.
Vin a un home sen rostro.
Soños
- Érguete cariño, tes un pesadelo! – dixo a súa muller.
- Oh, teño os mesmos soños todas as noites – dixo Mario
Ao día seguinte foi ao psiquiatra.
- Por favor, doutor, axúde-me. – dixo Mario.
- Por suposto, só ten que tomar estas pílulas – dixo o psiquiatra.
- Grazas, tiven ese soño, pero meu pai está ben, xa sabe – dixo Mario. – Soñei que mataba a meu pai… Cando era neno meu pai matou á miña nai. Adéus doutor…
Cando rematou a terápia, foi canda seu pai.
E matouno.
- Fillo, esperta, tes eses pesadelos! – dixo a nai de Mario.
- Oh, mamá, onde está o pai?
Marchou moi cediño – dixo a súa nai.
Mentres a súa nai limpaba a casa, Mario xogaba cunha pelota.
Nun pequeno ángulo da casa o rapaz atopou a pistola de seu pai…
E xogou coa pistola.
Desgrazadamente, Mario matou á súa nai con esa pistola.
- Mamá, mamá, esperta por favor – dixo Mario.
Pero a súa nai estaba morta.
- Esperta, fillo, tes o mesmo pesadelo“ – dixo a nai de Mario.
- Oh, mamá, estás viva! – dixo Mario.
Nese intre o seu pai entrou á casa e matou á súa muller.
- Mamá, mamá, esperta … – dixo Mario.
Pero a súa nai estaba morta.
A Chave
O ladrón colleu do banco o máis importante tesouro. Esa preciosidade era a chave dourada da igrexa de Santa Catalina. Esa chave abre una porta do paradiso!
Cando saiu do banco o policía matouno.
Pero ese policía colleu unha chave dourada das mans do ladrón morto, e comezou a procurar una igrexa de Santa Catalina.
Cando atopou a igrexa, entrou, e nese intre da igrexa saiu o ladrón morto.
Cando o policía entrou na igrexa, todo estaba escuro.
Nese intre, alguén prendeu a luz e o policía estaba no banco! Nas mans tiña una chave dourada e mais a pistola. Cando saiu do bando, a policía interceptouno e matouno.
Nese intre un trebón do deserto levou-se a todos daquel lugar.
Nas areas do deserto había unha chave dourada.











