Inicio » Cinema »

Nominados aos Globos

 

benjaminbuttonA Asociación de Prensa Estranxeira en Hollywood ven de anunciar aos seus nominados para a 66ª Gala dos Prémios Globo de Ouro. Estes galardóns serán entregados o vindeiro 11 de xaneiro de 2009 no The Beverly Hilton (Los Angeles) e entre os candidatos hai este ano unha boa dose de xénero fantástico.

Así, o filme fantástico The Curious Case of Benjamin Button levou-se as mais importantes nominacións, e entre elas á Millor Longametraxe dramático, ao Millor Actor (Brad Pitt), Millor Director (David Fincher), Millor Guión (Eric Roth) e á Millor Banda Sonora (Alexandre Desplat).

Os candidatos á millor longametraxe de debuxos animados foron os tres de xénero: Bolt, Kung-Fu Panda e Wall-E. E dous deles, Wall-E e Bolt, levaron ademáis senllas nominacións á millor canzón orixinal.

E tal e coma se agardaba, Heath Ledger levou unha nominación a título póstumo ao millor actor secundário polo seu papel do Joker en O Cabaleiro Escuro.

No apartado de televisión, a série True Blood da HBO, que en España emite Canal+ obtivo a nominación á millor série dramática e ademais á millor actriz (Anna Paquin).


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

Novas relacionadas

  • No Related Posts
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário