Inicio » Cinema »

Adéus a unha folga, óla a outra?

 

Imaxe da folgaO remate da folga de guionistas de Hollywood podería afectar a moitos proxectos de xénero adiados ou retidos por mor dos atrasos provocados, entre os que se atopan Anxos e Demos, que precisa revisións no seu guión, e mais ao filme da Warner Brothers A Liga da Xustiza. Os estudos tamén terán agora que avaliar de que xeito volven a reaxustar as súas axendas para a máis ca previsíbel folga que o Sindicato de Actores planea para xuño.

A Sony reiterou esta semana que Anxos e Demos, a precuela de O Código Da Vinci, está adiada tan só por mor da folga e depende do seu remate para continuar, pero outras fontes consultadas por NOVA FANTASIA suxiren que até verán non continuaría a produción deste proxecto, e iso supoñendo que todo vaia ben. O mesmo acontece co filme da DreamWorks e a Paramount Transformers 2. Ambos teñen prevista a súa estrea para 2009: Anxos e Demos para o 15 de maio e Transformers 2 para o 26 de xuño.

A meirande parte dos filmes da Warner que tiñan prevista a súa estrea este ano están xa completos ou en post-produción; a Warner só ten unha película até agora datada para 2009, o Watchmen de Zack Snyder, previsto para se estrear o 6 de marzo.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário