Inicio » Cinema »

Director para Planeta Prohibido

 

Forbidden PlanetCorre o rumor de que o director James Cameron podería andar atrás dun novo proxecto para facer un remake do clásico do cinema de ciéncia-ficción Planeta Prohibido.

Cameron leva interesado neste proxecto dende hai mais de dez anos, mesmo antes de que escomezara a facer Titanic, pero nunca chegou a cabo esta ideia. Nombergantes, agora que seica a Warners está poñendo en marcha o filme, de novo xurdiu o seu interese.

O filme orixinal Forbidden Planet foi unha longametraxe de ciéncia-ficción de 1956 dirixido por Fred M. Wilcox e protagonizado por Walter Pidgeon, Anne Francis e Leslie Nielsen (antes de se converter no actor cómico que é hoxe).

Cameron, que nestes intres está a rematar o seu traballo no longamente agardado filme Avatar, ten unha axenda moi chea, ainda que non dirixiu ren dende 2005 con Aliens of the Deep.

Pero Cameron e mais os seus parceiros da Gigantic Ego poden ter un especial interese en traer á vida a unha das lendas mais grandes da ciéncia-ficción de todos os tempos de novo á pantalla grande, todo adobado cos novos efectos especiais que son posíbeis hoxe en día.

Cameron está vencellado a proxectos coma a dirección de Battle Angel e The Dive e ademáis á produción de Fantastic Voyage e Nagasaki Deadline.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário