Inicio » Cinema »

Sam Raimi irá ao inferno

 

Ellen PageEllen Page (Juno) será a protagonista de Drag Me to Hell («Léva-me ao Inferno»), un filme de terror que Sam Raimi dirixirá de seguido. A Universal Pictures acadou os dereitos de distribución para esta película, cuxa rodaxe dará comezo o vindeiro 17 de marzo en Los Angeles.

Segundo din, o filme é un conto con moralina incluída sobre unha persoa que recibe sen o desexar un enmeigamento sobrenatural. Esta fita marcará o regreso de Raimi ao xénero de terror após de dirixir a triloxía de Spiderman.

Raimi e mais o seu irmán Ivan escribiron o guión. A empresa do parceiro de Sam Raimi, Rob Tapert, a Ghost House Pictures, será a encargada da produción xunto con Grant Curtis e Josh Donen. Nathan Kahane e mais Joe Drake serán os produtores executivos.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário