Inicio » Vários »

O Lugrís mais fantástico

 

Urbano LugrísLugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fingal convida ao espectador a se adentrar no mundo fantástico de Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 – Vigo, 1973) – ou o que é o mesmo, de Ulyses Fingal, alcume que o pintor e escritor galego empregou decote – e a descobrir o universo pictórico mariño e mítico, pragado de sereas, barcos e monstros mariños, que o artista cultivou desde que chegou a Vigo na década dos anos corenta. Con esta exposición, inaugurada onte, dia no que se conmemoraba o aniversário da morte de Lugrís, o Museu Quiñons de León de Vigo pecha o ano do centeário do nacemento dun dos pintores super-realistas galegos mais salientábeis.

Comisionada polos profesores do departamento de História da Arte da Universidade de Santiago, José M. López Vázquez e Juan Monterroso, Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fingal non pretende ser unha exposición contemplativa, se non facer reflexionar ao visitante sobre como entendia Lugrís a arte, sobre o valor que nas suas pinturas teñen os obxectos como portadores da memória, e en última instáncia tamén, sobre a arte en si mesma como forma do ser humano de entender o mundo, a través das obras do artista galego e de clásicos como Goya.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário