Inicio » Cinema »

Lucas quere máis guionistas

 

George LucasCalquera cousa que faga George Lucas é nova de interese, e máis se está a se encontrar con guionistas para a súa longamente agardada série televisiva sobre o mundo da Guerra das Galáxias con acción real.

Fontes anónimas ás que tivo acceso NOVA FANTASIA citaron plans de Lucas para recrutar a moitos «freelancers» que pasen unha semana no Rancho Skywalker, a residéncia do cineasta, para que no mes de novembro dean con novas ideias para a série.

Seica Lucas indicou o seu desexo de incluir a guionistas doutros países e non só americanos. Estes guionistas deberán logo espallar-se e escribir os trece primeiros episódios que serían producidos e financiados por Lucas.

Cando Lucas comezou a recrutar guionistas de Hollywood por primeira vez en febreiro de 2006, a súa intención orixinal era producir 26 episódios antes de que logo se puxese a procurar un parceiro nunha canle de televisión.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário