Inicio » Cinema »

A Disney fóra de Nárnia

 

NárniaA Walt Disney ven de decidir que non vai financiar a vindeira entrega das Crónicas de Nárnia, na que será a terceira entrega desta saga. O novo filme, que levará por título The Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader, terá que seguir adiante sen a axuda económica da Disney, o cal polo de agora non semella ser un problema para o outro parceiro, a Walden Media.

En princípio todos os actores teñen contrato para facer esta terceira entrega da série, da cal se ocupará o director Michael Apted. Os dous filmes precedentes contaran con ao redor de 200 millóns de dólares de orzamento (uns 140 millóns de euros), polo que é de supoñer que a terceira supoña unha cantía semellante. A Walden xa mantivera no pasado relacións comerciais coa 20th Century Fox, polo que se cadra estas dúas produtoras serán novamente parceiras nesta ocasión.

The Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader narra as aventuras de Lucy, Edmund e mais o sue espantoso curmán Eustace nunha máxica viaxe polo mar na procura dos sete lores perdidos de Nárnia, que foron desterrados polo malvado tío de Caspian cando lle usurpou o trono.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário