Inicio » Cinema »

Twilight, unha de vampiros

 

A capa do libroPeter Facinelli, Elizabeth Reaser e Nikki Reed will serán os protagonistas do novo filme de vampiros que producirá a Summit Entertainment, Twilight, baseado na série de libros supervendas de Stephenie Meyer.

Robert Pattinson e Kristen Stewart xa asinaran para esta película, uníndo-se a Jackson Rathbone, Ashley Greene e Kellan Lutz coma membros da família de chuchasangues Cullen.

Catherine Hardwicke dirixirá o guión de Melissa Rosenberg.

A história xira ao redor de Bella Swan (Stewart), unha rapaza de 17 anos que se muda a unha pequena vila de Washington para vivir con seu pai e é atrapada por Edward Cullen (Pattinson), un pálido e misterioso compañeiro de clase que semella decidido a non lle deixar saber mais de si mesmo. Axiña se decatará de que é un vampiro.

O primeiro tomo da saga de Twilight vendeu máis de 5 millóns de cópias en todo o mundo e xerou polo de agora dúas secuelas, New Moon e Eclipse.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário