Nominados para os Saturnos
O filme de Zack Snyder 300 lidera as nominacións que veñen de se facer públicas o pasado día 20 para a 34ª edición dos prémios Saturno con dez candidaturas da Académia de Cinema de Ciéncia-Ficción, Fantasía e Terror.
Harry Potter e a Orde do Fénix ven de seguido con nove nominacións, e o filme de Tim Burton Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street acadou oito candidaturas.
En television, a série Perdidos é a dominadora con sete nominacións. A série da Showtime Dexter recebiu cinco, e a série da TVG Heroes outros catro.
A organización tamén anunciou dous prémios especiais para este ano: ún para o guionista e director Guillermo del Toro (O Labirinto de Pan) que se levará o Memorial George Pal, e outro para o escritor Tim Lucas, que recibirá o prémio aos méritos dunha vida polo seu libro de 2007 Mario Bava: All the Colors of the Dark, un estudo crítico da obra do director.
A Académia de Cinema de Ciéncia-Ficción, Fantasía e Terror é unha organización sen ánimo de lucro adicada a honrar, recoñecer e promocionar o entretimento de xénero fantástico. Foi fundada en 1972 polo historiador de cinema Donald A. Reed.
Os prémios Saturno serán entregados o vindeiro 24 de xuño en Universal City, Califórnia.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.