Inicio » Fans »

Candidatura á AEFCFT

 

aefcftAo se esgotar o mandato da última Xunta da Asociación Española de Fantasia, Ciéncia Ficción e Terror e ante o perigo da sua desaparición, ven de se presentar unha nova candidatura. A AEFCFT ficou baixo mínimos ao rematar o 2008 e concluir o seu mandato a Xunta actual, que pasou a sé-lo en funcións mentres se determinaba o destino da veterana asociación ao non ter-se presentado ningunha candidatura para renovar os seus órganos xestores. Finalmente, a última hora presentou-se unha, que haberá de ser refrendada polos sócios nunha xunta extraordinária, cuxo comunicado reproducimos a continuación.

Os membros da nova Xunta serán os seguintes:

  • Presidente: Ángel Carralero
  • Vicepresidente: Ramón Castillo
  • Secretário e Vogal de Publicacións: Guillermo Morales
  • Vogal de Relacións Exteriores: María José Castillo
  • Vogal de Relacións Institucionais: Víctor Alós
  • Vogal de Informática: Nacho Carmona

As revistas Pórtico e o Espora estarian a carrego da Xunta.

A Asociación Española de Ciéncia Ficción, Fantasia e Terror opera en España desde 1990 e é co-organizadora das Hispacons, congresos anuais españolas de ciéncia-ficción (que este ano ainda está por decidir sede, hai duas canditaturas, Guadalajara e Huesca), ademais de editar diversas antoloxias tanto en papel como en formato electrónico.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, ,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário