Inicio » Cinema »

Globos de Ouro fantásticos

 

O JokerTal e coma se agardaba, o defunto Heath Ledger gañou o prémio ao millor actor secundário na gala dos Globos de Ouro celebrada o domingo en Beverly Hills, Califórnia, pola súa diabólica representación do Joker no filme superéxito Batman O Cabaleiro Escuro.

Este prémio fai que as posibilidades de Ledger de gañar o Oscar ao Millor Actor Secundário se disparen cara ás nominación para as estatuíñas da Académia de Hollywood, que se darán a coñecer este día 22, precisamente o aniversário da morte accidental do actor por mor dunha sobredose de drogas.

O prémio do Globo de Ouro foi recollido polo director de O Cabaleiro Escuro Christopher Nolan, que dixo que tanto el coma os seus colaboradores estaban abraiados polo grande éxito do filme e pola aclamación da interpretación de Ledger en todo o mundo.

Entre os outros gañadores do xénero fantástico estiveron WALL-E, que levou o prémio á millor película de debuxos animados. O director Andrew Stanton agradeceu o prémio á produtora, Pixar Animation, e mais á distribuidora, a Walt Disney, decindo que a história de amor que se debuxa no filme entre dous robots comunicada con asubíos e chasquidos «non podía ser feita por ninguén mais«.

Anna Paquin, pola súa banda, gañou o Globo de Ouro á millor actriz nunha série de televisión dramática polo seu papel coma protagonista de True Blood.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário