Finou Patrick McGoohan, o Prisioneiro
Patrick McGoohan, o actor gañador dun Emmy que creou e protagonizou a série clásica de culto da televisión O Prisioneiro, ven de morrer aos 80 anos.
McGoohan morreu o martes en Los Angeles após dunha curta enfermidade, segundo dixo a várias axéncias de novas o seu xenro, o produtor cinematográfico Cleve Landsberg.
McGoohan, que tivo unha longa carreira no cinema e mais na televisión, era coñecido sobre todo polos fans da ciéncia-ficción como o persoaxe coñecido por «Número Seis» en O Prisioneiro, a série da televisión inglesa dos anos 60 que el mesmo produciu e creou.
McGoohan ideou o concepto e escribiu e dirixiu vários episódios da série, que conservou a devotos seguidores nos Estados Unidos e en Europa ao longo de décadas. Arestora está en produción unha minisérie pola canle AMC, que aparecerá a finais deste ano.
A série foi emitida só unha tempada e durou 17 episódios en 1967, pero o seu impacto cultural ainda fica na memória de todos os espectadores. McGoohan emprestou-lle a súa voz ao persoaxe de Número Seis nun episódio dos Simpsons no ano 2000.
«A súa creazón do Prisionaieo deixou unha marca indelébel nos xéneros da ciéncia-ficción, da fantasía e do thriller político, creando ún dos persoaxes iconas de todos os tempos«, dixo a canle AMC nun comunicado o pasado mércores. «A AMC espera ter a honra de recuperar o seu legado na nosa nova série do Prisioneiro«.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.