Inicio » Cinema »

Akira ao cinema

 

AkiraLeonardo DiCaprio vai-se asociar á Warner Brothers para producir un filme de acción real baseado no popular manga e anime Akira.

Ruairi Robinson foi contratado para dirixir o que nun princípio será un filme épico dividido en dúas partes. A película marcará o debut na realización de longametraxes de Robinson, cuxa curta animada de ciéncia-ficción Fifty Percent Grey foi nominada a un Oscar. Gary Whitta escribirá a adaptación, que DiCaprio producirá a través da súa empresa Appian Way.

Akira é todo un clásico para os afeccionados. Orixinou-se en 1988 coma un manga (un cómic xaponés) e despóis converteu-se nun anime (película de debuxos animados xaponeses), con guión e dirección de Katsuhiro Otomo. A história está ambientada nunha cidade futurista alumeada polas luces de neón, chamada Nova Tóquio en 2019, onde un membro dunha banda de moteiros é obrigado a participar nun experimento do governo que desata os seus poderes até daquela agochos. O líder da banda deberá atopar un xeito de deter a vaga de destrución causada.

Akira leva moito tempo en desenvolvemento pola compañía, cos produtores Jon Peters e Basil Iwanyk implicados en diversos intres, así coma os directores Stephen Norrington e Pitof. Os dereitos caducaron, pero a Warner mercounos outra vez a Robinson, que é o que ten a ideia de adaptar o filme en dúas partes.

A história, nombergantes, trasladará-se até «Nova Manhattan», unha cidade reconstruida polos xaponeses. Os estudos agardan que se todo vai ben podamos falar da estrea da primera parte alá polo verán de 2009.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário