Inicio » Cinema »

De Underworld a Gears of War

 

Gears of WarLen Wiseman está a se facer un nome no cinema de acción grazas ao seu traballo após das cámaras como máximo responsábel de éxitos recentes coma Underworld, Underworld Evolution ou A Xungla 4.0. E onte pronunciou-se sobre a sua participación como director na adaptación cinematográfica do videoxogo Gears of War, da que xa vos falamos en NOVA FANTASIA.

«A nosa esperanza é facer tres filmes e cobrir realmente as bases de todo. Acadar un Señor dos Aneis mais duro«, declarou Wiseman. «Estou a lograr conectar coa franquía. Merquei-me unha Xbox 360 para ir investigando en que consiste Gears of War«.

O director deixa algunhas pistas sobre cara onde se orientará o seu traballo na longametraxe: «O filme estará mais orientado cara á ciéncia-ficción que cara o lado das criaturas. Sempre fun mais fan da ciéncia-ficción ca do terror«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário