Inicio » Cinema »

Steven Spielberg xa ten un Tintín

 

Jamie BellO actor Jamie Bell, recoñecido por calquera afeccionado ao cinema por ser quen deu vida ao neno protagonista do filme Billy Elliot (2000), e non Thomas Sangster, coma se especulara nun primeiro intre, será quen poña a súa face ao famoso reporteiro do cómic Tintín no filme que dirixirá Steven Spielberg, segundo veñen de confirmar oficialmente a Paramount e mais Sony.

Bell estará acompañado por Daniel Craig, o último dos actores en encarnar a James Bond, e que esta vez interpretará ao malvado Rackham «O Vermello» na primeira aventura da anunciada saga cinematográfica, The Adventures of Tintin: Secret of the Unicorn, que será realizada en tres dimensions.

Os dous actores, que voltarán a compartir filme despois da sua participación en Resisténcia (2008), destacan nun reparto no que tamén estará Andy Serkis (Gollum en O Señor dos Anéis), Toby Jones (Frost/Nixon, 2008) e Mackenzie Crook (Piratas do Caribe: O Cofre do Home Morto, 2006).

Spielberg dirixirá o filme e tamén desempeñará tarefas de produción xunto con Peter Jackson e Katheleen Kennedy, unha habitual nos proxectos de Spielberg desde E.T. (1982). Jackson tomará o relevo de Spielberg para a segunda entrega das histórias de Tintin e o seu nome soa tamén para dirixir a terceira parte e completar unha posíbel triloxia.

O filme escomezou xa o seu proceso de produción e será a primeira dunha série pensada para ser gravada en 3D.

A fita está baseada no icónico personaxe de cómic de Georges Remi, mais coñecido coma Hergé, e prevé-se que chegue ás carteleiras en 2011. As aventuras de Tintín foron creadas por Herge fai 80 anos e constan dunha série de 24 cómics dos que se venderon mais de 200 millóns de cópias en todo o mundo e foron traducidos a setenta línguas.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário