Inicio » Música »

Thriller converterá-se nun musical de Broadway

 

ThrillerO maior éxito de Michael Jackson, Thriller, será axiña un musical de teatro. Así o veñen de confirmar os produtores da Nederland Organization, que adquiriu os dereitos do musical, explicando que ésta será «a versión exclusiva autorizada por Michael Jackson» e que o cantante «participará en cada paso do proceso creativo«.

James Nederland, dono de nove teatros en Broadway e que ven de adquirir os deretos para o espectáculo, está encantado de poder traballar co cantante: «Gósta-me a ideia de facer de Thriller un musical. Unha rapaza atopa un rapaz, namóran-se, o rapaz ten un grande segredo, e agora o que?«.

O disco Thriller (1982) é o mais vendido da história e a produción teatral reproducirá o videoclip de catorce minutos do mesmo título que fai unha paródia dos filmes de terror. Nel un rapaz convírte-se en lobishome mentres pasea cunha rapaza. Asemade incluirá tamén cancións do álbum Off the wall, de 1979.

Ademais de Jackson, aparece na canción a voz do actor Vincent Price; o clip, dirixido por John Landis, custou 500.000 dólares da época e foi un dos mais emitidos por todas as canles do mundo.

O manager e voceiro do polémico artista, O doutor Tohme Tohme, asegurou que «os de Nederland e Michael Jackson representan a excélencia do teatro en directo e do musical«. Jackson, de 50 anos, é un dos artistas que mais venderon ao longo da história.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário