As igrexas utilizan Halo 3 para atrair aos rapaces

 

Os tempos nos que a igrexa organizaba grupos de rapazolos para sair de excursión ou facer actividades comunais ao aire libre xa pasaron de moda. Agora os pastores deben adaptar-se aos novos estilos de vida da mocidade, como así acontece con moitas igrexas americanas que decidiron organizar veladas de Halo 3 para atrair novos fregueses.

O polémico videoxogo, que bateu récords de vendas nas suas dúas primeiras entregas e saiu á venda o pasado 25 de setembro, é unha violenta aventura épica no espazo na que os xogadores tomarán o control do Xefe Mestre nunha misión contra os Covenant e os Flood para salvar á humanidade.

Pero iso non impide aos responsábeis de templos e centros xuvenís de várias confesións protestantes, entre elas igrexas evanxélicas que desaconsellan o lecer violento, celebrar veladas de Halo que gozan de grande aceptación. Os cregos fornecen os seus centros con múltiples consolas de videoxogos para que docenas de adolescentes poidan agolpar-se ao redor de enormes pantallas e disparar aos malos.

Non embergantes, algúns pais, moralistas relixiosos e pastores din que Halo podería ter unha influenza corrosiva: «Se queren conectar cos adolescentes e arrastra-los á igrexa, poden consegui-lo con alcool e películas pornográficas gratis«, dixo James Tonkowich, presidente do Institute on Religion and Democracy, un grupo sen ánimo de lucro que avalía as políticas das diferentes confesións. «Na miña opinión, póde-se facer algo millor«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário