A Stephen King non lle gusta Crepúsculo

 

Stephen KingAo mestre do terror Stephen King no lle gusta ren a saga de Crepúsculo. De feito, o autor de best-sellers coma It, O relostro ou Carrie afirma que a creadora da saga de vampiros adolescentes, Stephenie Meyer, é unha escritora mediocre, que escribe para rapazas adolescentes e que é incapaz de crear nada que «pague a pena«.

Nunha recente entrevista, King dixo que «A xente ve-se atraída polas histórias, polo ritmo, e no caso de Meyer está claro que ela escribe para unha xeración de rapazolas que ve como se abre perante os seus ollos a caixa forte do amor e o sexo nestes libros«. E engadiu que o mundo vampírico é unha espécie de «taquigrafía» para trasladar algúns sentimentos e experiéncias para as que as adolescentes ainda non están listas.

Ademais, King no tivo reparo en comparar a saga de Crepúsculo coa de Harry Potter, unha comparación na que o aprendiz de meigo sae moito millor parado cós vampiros xa que a preferéncia de King é clara cara J.K.Rowling. «As dúas, Rowling e Meyer, diríxen-se directamente ao público novo. A diferéncia real está en que Rowling é unha escritora fantástica e Stephanie Meyer non pode escribir ren que pague a pena. Non é moi boa«, sentenciou.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário