O exército de zombis
Dirk Blackman e Howard McCain (Underworld: Rise of the Lycans) adaptarán á pantalla grande o cómic da editorial Red 5 ZMD: Zombies of Mass Destruction para a produtora Benderspink.
O actor de Underworld Kevin Grevioux creou este cómic, que vai sobre un programa de armas do governo que envía zombis fotosensíbeis a zonas de guerra pola noite para destruir á poboación inimiga.
Cando un deses zombis consigue escapar no Oriente Médio, unha equipa de soldados de elite deberá entrar en território hostil para detér a un crecente exército de zombis.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.