O novo bebé de Rosemary
Corre o rumor de que a compañía de Michael Bay, a Platinum Dunes, está a manter conversas coa Paramount para facer un remake do filme clásico de terror de 1968 O bebé de Rosemary (traducido en España coma La cemilla del diablo).
Os produtores Brad Fuller e Andrew Form están á procura de guionistas para que se encarguen do material, baseado na novela orixinal homónima do escritor Ira Levin.
O filme orixinal ía sobre unha xove parella de recén casados de Manhattan, interpretados por John Cassavetes e Mia Farrow, e sobre un embarazo que se convirte nalgo moi sinistro.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.