Inicio » Libros »

Un magufo gaña o VI Prémio Minotauro

 

magufoFernando Delgado, Juan Eslava Galán, Ángela Vallvey, Laura Falcó Lara, Federico Fernández Giordano e José López Jara, en calidade de secretário, acordaron por unanimidade e despois das deliberacións correspondentes, conceder o Prémio Minotauro 2009, dotado con 10.000 euros, á novela El templo de la luna de Fernando J. López del Oso. Ediciones Minotauro publicará a obra gañadora da sexta edición do prémio durante o mes de marzo de 2009.

López del Oso (Madrid, 1974) é Licenciado en Bioloxía e un dos escritores mais coñecidos entre os afeccionados ao mundo do paranormal, as conspiranoias, os ovnis e as casas enmeigadas. Colabora en diversos médios pseudocientíficos coma a revista Enigmas.

A súa novela El templo de la luna vai sobre un templo que se derruba nun remoto lugar do deserto exípcio, o que fai saltar as alarmas dentro da Corporación, unha sinistra organización secreta. Un arqueólogo será o encargado de desvelar o mistério que se agocha após dunha coroa dunha civilización de lenda, en constante loita contra a sedutora Ilse Skorzery, unha das directoras da Corporación.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário