Inicio » Cinema »

Robert Rodriguez en Nerveracker

 

Robert RodriguezEntre tantos proxectos que tiña na sua axenda o director Robert Rodriguez (Sin City), finalmente será Nerveracker, un filme de ciéncia ficción do cal ainda non había novas, o seu seguinte filme, que será realizado para a compañía The Weinstein Co.

Neveracker levará-nos até o ano 2085 e centrará-se no personaxe de Joe Tezca, que forma parte dunha unidade de elite coa misión de deter unha vaga de crimes nunha sociedade perfeita. Pero Tezca descobrirá que «Neveracker» é unha revolta para se facer co control da cidade. O protagonista deberá deté-la antes de que se lle acabe o tempo. O filme ten previsto a sua estrea para o 16 de abril de 2010.

Pero aí non rematan os proxectos de Rodríguez, que segue a preparar a versión con actores reais de Os Supersónicos, para o cal xa estiveron a facer probas de cásting e o guión de Adam F. Goldberg segue en marcha.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário