Inicio » Cinema »

Outro récord para o Joker

 

O JokerO Cabaleiro Escuro converteu-se no cuarto filme da história do cinema que é capaz de recadar mais de 1.000 millóns de dólares nas billeteiras en todo o mundo. O anúncio foi realizado pola Warner Bros. o pasado venres, cando se comunicou que o total internacional fora de 1.001.082.160 dólares (786.351.679,71 euros) até entón, con 533 millóns só nos Estados Unidos e 567 no resto do mundo.

O Cabaleiro Escuro estaba uns 4 millóns de dólares por baixo do récord cando a Warner Bros. re-lanzou o filme nas pantallas Imax o 23 de xaneiro, xusto o día despois de que se soubera que tiña oito nominacións para os Oscars. Ademais, as gañanzas que chegaron dende Ecuador tamén audaron a superar o récord.

Titanic, con 1.800 millóns de dólares, O Señor dos Aneis: O retorno do Rei e Piratas do Caribe: O Cofre do Home Morto puideron superar os mil millóns de dólares en benefícios anteriormente.

O Cabaleiro Escuro é tamén a segunda película que mais recada nos Estados Unidos de toda a história, só por atrás de Titanic.

A Warner tamén salientou que é o filme que mais recadou da história nos cinemas Imax, con case 50 millóns de dólares nos Estados Unidos e uns 65 no resto do mundo.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário