Hoxford, unha de lobishomes
A produtora de Chris Columbus, a 1492 Entertainment, ven de se facer cos dereitos cinematográficos sobre a novela gráfica de terror da editorial IDW Publishing Welcome to Hoxford.
Ben Templesmith, que co-escribiu os guións da série de vampiros para 30 Days of Night (o cómic que a Sony converteu en película en 2007), é o creador de Hoxford, unha história que vai sobre un psiquiatra que debe aliar-se cun paciente profundamente desequilibrado para poderen fuxir dos lobishomes que controlan un manicómio para criminais.
Os plans son que Columbus produza a adaptación xunto cos seus parceiros da 1492 Michael Barnathan e Mark Radcliffe.
Templesmith está tamén atrás das novelas gráficas Wormwood Gentleman Corpse e Singularity 7.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.